AMISTADES PELIGROSAS
Cristina del Valle e Alberto Comesaña firman o “Alto o Fogo” para celebrar o 30 aniversario de AMISTADES PELIGROSAS.
Unha casualidade, unha coincidencia ou simplemente o destino… Numa noite de verán de 2020 nun concerto da banda Mastodonte, despois do confinamento pola pandemia, comezou a forxar o alto o fogo dunha das parellas máis recoñecidas do panorama musical español.
Tras varios anos onde cada un estaba centrado na súa carreira por separado, Cristina Del Valle e Alberto Comesaña uníronse este 2021 no seu proxecto máis persoal, o regreso de AMISTADES PELIGROSAS, coincidindo co 30 aniversario do nacemento do grupo. Un reencontro por todo o alto cunha xira que os levará por todos os escenarios de España e Latinoamérica, a publicación dun disco recopilatorio con todos os seus éxitos “revisados” polos propios autores ou produtores, colaboracións con outros artistas e unha canción inédita con título “Alto el fuego” onde explican a súa relación de altos e baixos, un documental de toda a súa carreira, un libro biográfico onde se contarán todas as súas vivencias…
“Me quedare solo”, “Estoy por ti”, “Casi nunca bailáis” ou “Africanos en Madrid” son algúns dos temas que durante a década dos 90 non paraban de soar nas emisoras de España e América e que fixeron que chegaran a vender 2 millóns de discos en todo o mundo. Estes éxitos volverán a soar xunto a “Alto el fuego” na próxima xira de AMISTADES PELIGROSAS para celebrar coa súa audiencia o 30 aniversario do nacemento dun dos grupos máis icónicos do pop español.