arde
arde son cinco amigas que fan powerpop, mesturando guitarras afiadas, baixos potentes e letras que queiman. Nas súas cancións gústalles facer reflexión social e contar historias sobre a identidade e o mundo que as rodea. O obxectivo do grupo é claro: sacar todo aquilo que lles arde por dentro, de aí o seu nome. Máis en https://www.arde.band/.
























