Azúcar Moreno

Azúcar Moreno é un dos dúos máis icónicos da música pop española, formado polas irmás Encarna e Toñi Salazar. Cun estilo único no que fusionan pop, música latina e raíces flamencas, levan máis de catro décadas facendo bailar ao público dentro e fóra de España. A súa carreira comezou nos anos 80 e consolidouse rapidamente grazas á súa forza sobre o escenario e á súa personalidade inconfundible.

 

O seu salto internacional chegou nos anos 90 tras representar a España no Festival de Eurovisión 1990, coa mítica canción Bandido, convertida xa nun himno da música española. Desde entón, encadearon grandes éxitos e álbums inesquecibles como Mambo, El amor, Esclava de tu piel ou Olé, levando a súa música por Europa, América e escenarios de todo o mundo.

 

Co paso dos anos, Azúcar Moreno mantívose como un símbolo de liberdade, diversidade e celebración, conquistando xeracións co seu carisma e os seus ritmos irresistibles. Hoxe continúan máis vivas ca nunca sobre os escenarios con temas recentes como Ay mamá, Pa fuera ou La cura, prometendo un directo cheo de enerxía, festa e emoción para celebrar o Orgullo na Coruña.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición