BERTO

BERTO é a metade de Verto

Así de sinxelo

O dúo galego que revolucionou o panorama musical no 2021,
que conta cunha das comunidades de fans máis activas en
internet acumulando unha media de 60.000 oíntes mensuais
fai un parón na súa carreira. Ninguén sabe se definitivo ou non.

O que se sabe é que BERTO non pode parar de facer música e
de dar concertos. En decembro de 2021 publicou o seu primeiro
traballo en solitario, “Viaxe ao espazo interior” e agora en
marzo de 2022 sorpréndenos cun novo E.P “Bailar Chikito”
Unha mestura orgánica entre o Pop, a música electrónica, o
trap e o techno.

O eclecticismo dentro da Música Urbana é marca da casa para
BERTO, agora aos mandos da produción musical e á voz
principal, xunto con Marinha, colaboración estrela neste novo
lanzamento discográfico.

O novo proxecto vai acompañado dunha xenuína banda
formada por bases electrónicas, piano/sintetizador, guitarra e
batería analóxica.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición