FUTURACHICAPOP
Ben de sintetizador, ben de melodías evasivas e ben de melodrama. FUTURACHICAPOP fai música pop para os corazóns rotos. Baixo un envoltorio sónico inspirado nas melodías de sintetizador e unhas letras dicotómicas de desamor que buscan a asertividade pero atopan a irracionalidade dos impulsos – o artista barcelonés expresa libremente a súa existencia como persoa queer nun mundo heteronormativo.
En 2022 chegaba o seu disco debut, “pasado, presente, FUTURA”, editado por El Genio Equivocado, unha invitación para bailar eses dramas que nos quitan horas de sono, vestir a ruptura de sons luminosos e ritmos uptempo mentres saímos á pista coa mellor das sorrisas. Porque non hai mellores cancións de amor que as que se fan co corazón roto. Porque non se confundan: tras esas melodías escapistas e evasivas, sempre queda o corazón.
“Pasado, presente, FUTURA” son as vivencias dunha persoa queer adentrándose na idade adulta, con todo o autocoñecemento, amor e desengano que iso conleva. FUTURACHICAPOP non escapa dese sentimento de nostalxia millennial xeracional, nin o pretende. Pero aínda que mire cara atrás, non o fai para quedarse na lembranza: Se algo nos queda claro tras os seus once cortes, é que o futuro é brillante.