HIDROGENESSE

05/07/2023

22:30

Dúo de pop electrónico formado en Barcelona por Carlos Ballesteros e Genís Segarra en 1996, coa idea de crear un grupo conceptual no que calquera estilo musical pode servir para compartir as súas ideas. Desde os seus inicios ata agora fixeron synth-pop, baladas ceremoniais, mambo electrónico, música progresiva, dance-music coma nos 90, pop sofisticado e falso rock’n’roll. Parte fundacional do colectivo Austrohúngaro, desde 1997 organizando festas e publicando discos (Les Biscuits Salés, Astrud, Espanto, Chico y Chica, Lidia Damunt, entre outros).

O directo de Hidrogenesse é moi versátil. Están habituados a realizar concertos en salas pequenas e en festivais xigantes, en museos e bares, centros culturais e na rúa mesmamente. O valor do seu show é a comunicación directa.

Actuaron en todas as salas do circuito independente (Apolo, Razzmatazz, Ochoymedio, El Sol…) e nos festivais importantes (FIB Benicasim, Primavera Sound, BBK Live, SOS, Do Norte, Arenal Sound, Sonorama).

Desde os seus inicios tiveron relación co mundo do arte, colaborando con artistas como Carles Congost en varios proxectos, participando nunha exposición da Fundación Joan Miró de Barcelona ou dando recitais no MACBA e no Museo Picasso tamén de Barcelona, o CAAC de Sevilla, o CGAC de Santiago de Compostela, Museo do Romanticismo de Madrid e outros museos e centros artísticos.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición