HYDN
Precursora do galenglish, hydn introdúcenos nun mundo de fantasía, lume e escuridade.
Hydn crea o que define como “main character music”, unha música que, como ela mesma di “é unha especie de dark pop electrónico con influencias de dark RnB, pero en realidade gústame xogar e beber de moitos máis xéneros”.
Cun son inspirado por artistas tan diferentes coma Tove Lo, Halsey, The Weeknd, Bring Me The Horizon, Ashnikko e Two Feet entre moites outres, hydn crea unha personaxe coa que xoga co medo ao diferente e o desexo por ilo. Descubrindo os nosos desexos e segredos máis ocultos, esta artista prométenos unha viaxe da que ninguén sairá indiferente e… da que poida que moita xente tampouco salga ben parada.
E ti… de que te estás a esconder?