JEÄN FIXX
Jëan Fixx é o alias musical do artista multidisciplinar Félix Fernández.
Realiza sesións como DJ desde 2015 e é en 2018 cando inicia a súa faceta como produtor co seu primeiro EP “Uncanny Valley”. Os seus gustos eclécticos fan que se deixe levar pola hipnótica estrutura do techno, sen deixar de lado as cálidas influencias do deep house, a vibrante contundencia do electro ou as cautivadoras melodías do pop electrónico, que combina sen prexuízos con sons industriais e densas atmosferas reverberantes do dubstep, como se pode ver xa no seu segundo EP “Globalizer” lanzado en decembro do 2020 baixo o selo “Deep Different”, EP referenciado nos prestixiosos programas de radio “Paralelo 3” e “Fluido Rosa” de Radio 3.
“2084”, o seu primeiro álbum de estudio, acaba de ser publicado no selo “Ruido de Fondo”. Este LP está composto por nove temas que, á modo de capítulos, achégannos a unha narrativa retrofuturista onde o dixital adquire unha presenza orgánica que se asemella a sons que atopamos na natureza.
Actualmente forma parte do colectivo DISCTRL DJ LAB e tamén dos artistas representados pola axencia de Booking ESQUIO.