Jorge González

05/07/2026

22:30

Jorge González e un cantante español recoñecido pola súa participación en divrsos talent shows televisivos. Con tan só 17 anos, a súa valentía levouno a formar parte da quinta edición de Operación Triunfo, onde conseguiu unha destacada oitava posición. O seu nome comezou a soar con forza tras o seu paso por La Voz, no que acadou un merecido segundo posto, consolidando así o seu talento vocal e escénico.

 

No ano 2018 participou no prestixioso Festival de Viña del Mar, representando a España con Tu Boquita, tema co que fixo bailar a todo o anfiteatro da Quinta Vergara. Máis adiante, no 2020, proclamouse gañador de Tu Cara Me Suena, liderando todas as galas. Ese mesmo ano presentou Hasta que llueva, un single en colaboración con Moncho Chavea.

 

En 2021 brillou no certame internacional NEW WAVE en Sochi, onde acadou a medalla de bronce tras sumar 257 puntos. En 2022 publicou o EP Íntimo, amosando a súa faceta máis persoal, e xirou con Íntimo Tour, ademais de lanzar AGÜITA xunto a Soraya Arnelas. En 2023 combinou a música co teatro musical en producións como The Full Monty ou La Jaula de las Locas. En 2024 destacou como finalista no Benidorm Fest con Caliente, cunha proposta atrevida e contemporánea, mentres na actualidade continúa inmerso na creación de nova música e colaboracións e nunha xira nacional e internacional coa que visitará o Atlantic Pride da Coruña no mes de xullo.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición