KELLY AMATHYS
Kelly Amethys é unha artista que comezou o seu camiño no drag alá por 2011 baixo o nome de “Kellyocha Myself” cando experimentaba no mundo de Youtube con parodias dos videoclips de Lady Gaga. En 2012 decidiu desaparecer do mundo do drag para comezar a súa transición e pechar esa etapa, pero neste pasado 2022, dez anos despois, decidiu volver aos escenarios dos locais coruñeses, xa rebautizada como Kelly Amethys. Defensora dos dereitos trans. Defínese a si mesma como unha vedette do século XXI e quere demostrar que as mulleres tamén poden facer drag.