LA LA LOVE YOU
O vindeiro 5 de maio chega “Blockbuster”, o esperado novo álbum de La La Love You e non puido comezar mellor: “O principio de algo”, unha colaboración con Samuraï, disparouse nas listas de streaming e supera os dous millóns de reproducións en só dúas semanas e o seu “que por ti de repente la cabeza me va a más de 220” xa é o digno sucesor do seu “Y tú, bailando, bailando, bailando” de “El Fin do Mundo”, un dos estribillos máis reproducidos nos últimos anos en clubs e festivais, triple Platino en España e con preto de 100 millóns de reproducións sen baixarse da lista do máis escoitado de España nos últimos 3 anos.
Hoxe amencemos coa noticia de que “El principio de algo” é o máis buscado da semana en MTV. Só uns poucos privilexiados entran na categoría de “Most Wanted” de MTV.
Na lista semanal de artistas máis escoitados en España, La La Love You están na posición 148 competindo con todos os artistas de música urbana nacionais e internacionais. Os grandísimos Vetusta Morla, Zahara, Rigoberta Bandini… todos están por baixo de La la Love You a día de hoxe.