La niña Delantro
Cantante, bailarina, modelo e artista drag, La Niña Delantro foi finalista da cuarta tempada de Drag Race España. Activista trans nacida na Comunidade Valenciana, desde pequena formouse en danza, teatro e artes escénicas. Aos 15 anos comezou a traballar como bailarina profesional e aos 20 transformou todos os seus coñecementos en danza e teatro para facer drag, ata chegar á actualidade, sendo, tamén, cantante de música urbana, hyperpop e trap.
Foi, tamén, a concursante máis nova da súa tempada de DRES e a que máis lipsyncs superou, é dicir, erixiuse como a “lipsync assassin” de España. Nos seus espectáculos, fusiona o folclore dramático antigo co baile, o cabaré e o striptease máis sexy, con números de danza sempre explosivos para animar a festa.
























