LA PROHIBIDA & ALGORA

02/07/2023

20:00

“El agua y el rayo” é un traballo no que La Prohibida y Algora, colaboradores habituais noutros proxectos, únense para publicar o seu primeiro álbum conxunto. Baseado musicalmente en xéneros como a copla, pero cun envoltorio que nos leva aos sons clásicos do technopop e do italodisco, e con letras que poderían ser inspiración directa do Federico García Lorca máis popular. O disco volve ser producido polos italianos Italoconnection, que nesta ocasión se mimetizan cómodamente entre as melodías da canción española, e conta con dúas colaboracións de luxo: Estrella Morente e Joe Crepúsculo. Este traballo tamén toma prestada a estética do cine Kinki dos anos setenta, representado por cineastas como Eloy de la Iglesia.

O proxecto nace dunha canción que, en principio, Algora propón a La Prohibida “Pirámide de rocío”, e que ambos deciden reservar e propoñer como punto de partida para construír un álbum a dúo.

Comeza así un traballo de tres anos de composición, xusto nos primeiros meses da pandemia ata os primeiros meses do 2022, no cal van sumando e descartando cancións que irán desenvolvendo a narrativa dunha historia concreta ata completar as pezas do puzzle perfecto.

O resultado é unha especie de road-movie ibérica, cargada de iconografía relixiosa e de extrarradio setentero. Once temas nos que o clásico son technopop de La Prohibida, a produción de Italoconnection e as melodiosas composicións de Algora mestúranse para facer unha homenaxe á copla española e ao cine Kinki.

Os ecos a Lorca en “La copla más bella”, á Marifé de Triana máis dramática en “Pirámide de Rocío”, ás películas como “Colegas” ou “El pico” en “Alambre en tu rosario”, aos primeiros Mecano en “Laberinto” ou a Los Planetas de “La leyenda del espacio” en “El Eclipse”, onde Joe Crepúsculo se transforma nun carismático Zeus de arrabal unidas ao máxico e coplero dúo xunto a Estrella Morente de “Jaula de flores” e ao cíclico réquiem de amor de “Como un puñal de luna” que pecha o conxunto, conforman un disco de gran intensidade lírica e unha bailable sensibilidade pop.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición