LAS KETCHUP

Las Ketchup é un grupo musical cordobés integrado polas catro irmás Muñoz (inicialmente, Lucía, Lola e Pilar; e, a partir de 2006, tamén Rocío). Fillas do guitarrista Juan Muñoz, coñecido polo seu alcume “El tomate”, a súa infancia desenvolveuse nun entorno musical. Como título para o seu primeiro álbum, as irmás elixiron “Hijas del Tomate”, como un xogo de palabras en homenaxe ao seu pai. O grupo foi descuberto polo produtor de flamenco Manuel “Queco” Ruiz, da discográfica Shaketown Music, e rexistrou un grandísimo éxito en 2001 coa súa canción Aserejé, un tema de 1999 que fusionaba flamenco e europop. Aserejé converteuse na canción do verán tras acadar o número un nas listas de numerosos países, tanto de Europa como de Latinoamérica e Asia. A canción estaba acompañada dunha singular coreografía e a súa letra recordaba en ao primeiros versos do tema Rapper’s Delight, de Sugarhill Gang. Tal foi o seu éxito mundial que La Ketchup chegaron a vender 7 millóns de sinxelos, posicionándose no posto 103 dos singles máis vendidos da historia da música  nivel mundial, según Media Traffic.

Las Ketchup alzáronse con numerosos premios como grupo revelación, entre eles, o Premio Ondas, o Premio Amigo, o Premio Billboard Latino ou o Record Fair MIDEM de Cannes. No ano 2003, lanzan un novo sinxelo, Kusha las payas, ao máis puro estilo racial que as caracterizaba, pero xa sen o éxito do seu afamado Aserejé. En 2006 foron elixidas para representar a España no Festival de Eurovisión co tema Bloody Mary, que rexistrou unha humilde vixesimoprimeira posición no certame. Trala cita eurovisiva, o grupo fai un parón e desaparece da esfera pública, actuando ocasionalmente nalgúns festivais, clubes ou programas de televisión seeccionados, como o Melodiefestivalen ou o Festival Pa’l Norte de Monterrey (México). No ano 2019, Las Ketchup regresan aos escenarios, de xira por países como Dinamarca, Portugal, Suiza, Noruega, Rumanía, Francia e España, cun público entregado aos seus directos e ávido por revivir, de novo, o seu ritmo “ragatanga”.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición