LOCOMÍA
Loco Mía é un grupo de electro pop español creado en 1984. En 2011 volvéronse a atopar e actualmente contan con novos integrantes sen perder a esencia e o concepto da formación orixinal.
Loco Mía formouse como grupo de deseñadores de moda, que derivaron anos despois en grupo musical, sendo os seus primeiros membros: Xavier Font, Luis Font, Gard Passchier e Manuel Arjona. Cando se lanzou o primeiro disco da agrupación, en 1989, Gard e Luis xa non estaban no grupo, sendo substituídos por Carlos Armas e Juan Antonio Fuentes. Máis tarde, deixaría a agrupación Xavier e ingresaría no seu lugar Francesc Picas, formando así a agrupación que se deu a coñecer en Latinoamérica e que foi a de maior recoñecemento. Fixéronse moi famosos grazas ao manexo dos abanicos, que complementaban cun vestiario bastante elaborado.
Entre 1989 e 1991 déronse a coñecer con cancións como Rumba Samba Mambo, Loco Mía, Loco Vox, Gorbachov e Niña, entre outras. Realizaron unha xira de concertos polo seu país natal e despois por toda América Latina.
Participaron en grandes festivais como os de “Acapulco ’91” e “Viña ’92”, onde se produciu o debut de Santos Blanco López en substitución de Juan Antonio.