LUNA KI

Luna Ki é o nome do proxecto musical da artista cubana Luna Górriz (Barcelona, 1999), quen estase a posicionar como un de los valores de futuro da nova música urbana en España. O seu estilo único, cunha gran variedad de referentes, desde Riff Raf ou Ivy Queen ata Shakira, mistura xéneros tan dispares como o trap o o k-pop. O seu modo de reinventar os sons sumado a unha rechamante imaxe, non deixa indiferente a ninguén, aportando un xiro que concede voz ás novas xeracións. O seu é un exercicio de rebeldía único, que sitúa á persoa no centro do discurso.

O seu primeiro sinxelo, Septiembre, foi toda unha declaración de intencións, e acadou en poucos meses máis de 5 millóns de reproducións, posicionándose entre os lanzamentos máis virais de Spotify desde o seu lanzamento.

Tras avanzar os sinxelos Enero e Cuatro Bodas,  Luna Ki presenta agora Generación de cristal, un EP no que homenaxea á súa propia xeración a través de sete pistas musicais. Con Carlos Ares na produción executiva, Generación de cristal concíbese como unha explosión electrónica, unha reinterpretación das bases do pop a través da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop. A produción tamén a firman Raúl Santos (Supernova), Dj Glass (Sexo Electrónico), Chus Santana (Enero), Allnightproducer (Cuatro Bodas e Bizarre Fatalité), Milan Leon e Ricard Galusi (McQueen).

Un retrato irónico e emocional da Xeración Z, no que Luna Ki reivindica a fraxilidade como fortaleza e a hipersensibilidade como unha arma para expresar sentimentos reprimidos. O traballo explora, entre outros, temas como o poliamor, os impulsos autodestructivos, a construción do ego, o sexo… A dualidade entre a tecnoloxía e a natureza está moi presente neste novo EP de Luna Ki. Riveragento (deseño), Sergi Padial (foto), MNLO (estilismo) e Luna crean un contraste poético onde o artificial e o real poden coexistir á perfección.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición