MIRANDA!

Con máis de vinte anos de traxectoria, Miranda! é, sen lugar a dúbida, unha das bandas máis emblemáticas de Latinoamérica. Miranda! sacudiu os alicerces da escena electro-pop arxentina dos comezos do século XXI co seu estilo único, persoal e inconfundible e cativou ao público coa súa inesgotable produción de éxitos e melodías recoñecidas en toda Latinoamérica e España. Cancións como “Yo te diré”, “Don” ou “Perfecta” xa forman parte do catálogo de clásicos do pop arxentino e suman máis de 100 millóns de reproducións en Spotify e 200 millóns en YouTube. Levan vendidos máis de 500.000 discos e obtiveron sete premios MTV, seis premios Gardel, dúas Gaviotas de Prata, catro antorchas no Festival Viña del Mar e dúas nominacións aos Latin Grammy.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición