Montedapena

07/07/2026

22:30

Montedapena é o proxecto artístico máis persoal de Héctor Rodríguez. Unha proposta musical capaz de reflectir o sentir de toda unha xeración e coa que o público conecta e se identifica dende a primeira estrofa.

Despois do seu primeiro disco publicado a comezos do ano pasado, o artista galego volve este 2026 co seu novo traballo. Os adiantos Me tiré a un facha e Lista de Checks confirman o novo rumbo creativo do proxecto, afondando no terreo do pop-punk: cancións máis directas, físicas, sen complexos, onde a crítica social se mestura coa enerxía festiva e o espírito punk.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición