MORENOMORENO DJ
Nado en Madrid e criado en Galicia baixo a influencia da MTV e o boom dos videoclips de finais dos 80 e principios dos 90, Jairo Moreno comeza a traballar na industria audiovisual aos 16 anos. Traballando como cámara e editor de vídeo impartiu workshops e masterclass en España e Portugal. Realizou traballos de publicidade, turismo, concertos, moda e eventos, especializándose na dirección, gravación e montaxe de vídeos de música, traballando con grupos como Dorian, Lucía Pérez, Guadi Galego, Davide Salvado, Nastasia Zürcher, Skunk DF, Ama Befana, Babykatze, Elba, Músculo!, Lolita Express, Berto…
Aos 20 anos comezou a traballar como camareiro pola noite, o que lle deu a oportunidade de entrar no mundo da música como MORENO MORENO Dj, faceta que foi desenvolvendo desde os 22 anos ata converterse nunha das súas ocupacións principais. Aos seus 37 anos, a súa traxectoria conságrao como dj queer da escena clubbing de Galicia. Pinchou en clubs, eventos e festivais de toda Galicia como Agrocuir, Flop Festival, FICH, Orgullo Coruña, Festival ao Compaz de Saumede, Compostela Diversa, Orgullo Lalín, Melona Fest, Mercado da Estrela, Nos Seus Pés, Festa da Diversidade de Ribadumia, Río Verbena Fest, Gando Fest,… Compartindo cartel con artistas como La Prohibida, Samantha Hudson, Las Bistecs, Putochinomaricon, Roser Diva´s Disco, Nathy Peluso, Chico Blanco, Lizz, Villano Antillano, Parkineos, Peggy Gou, Fernanda Martins, Francis Inferno Orchestra, MCMLXXXV, Juliana Huxtable, Bambounou, Identified Patient, Poly Chain, Roxymore…
Nas súas sesións eclécticas, escuras e divertidas ao mesmo tempo, predomina a música electrónica e techno, abarcando tamén ritmos afro, funk e latinos, sempre incluíndo remixes dos mellores éxitos pop, 80s e 90s con BPMs acelerados. Unha viaxe para nada lineal pero con moito sentido que che fará non parar de saltar e bailar.