MUEVELOREINA
Mueveloreina é un dúo formado por Carmen Sirera e Joaquín Fuksbrauner, nacido no ano 2016. Un proxecto mutante, que canción a canción converteu este proxecto nunha coctelera de ritmos ácidos, doces, salgados e ata amargos… pero sobre todo intensos.
É imposible non bailar, está prohibido non suar, e son un deses dúos que non lles importa a praza que lles toque torear porque se a enerxía está, faranche voar e que até a cara che doa.
Pasaron polo BBK, o Sónar, o WarmUp, o FIB, o Arenal, viaxaron a Islandia a París e a Holanda… pasaron por moitos recunchos e pasárono coma nenos en todos.
Son unha mestura de música, electrónica e ritmos latinos cunha enerxía contaxiosa que os converteu nun clásico nos peches de festivais de verán máis importantes de España.
Din que son os Die Antwoord españoles… din moitas cousas, pero todo o que che digan non é todo o que dan. Non é o mesmo escoitalos que vivilos. Que non che o conten.