NANCYS RUBIAS
As Nancys Rubias son un grupo musical español de electrónica, pop, dance e glam liderado por Mario Vaquerizo (“Nancy Anoréxica”). Os seus outros integrantes son Marta Vaquerizo (“Nancy O”), Juan Pedro (“Nancy Travesti”) e Miguel (“Nancy Reagan”).
Nancys Rubias nacen como grupo en 2004 cando por pura diversión deciden facer un grupo por un día. A actuación ten un gran éxito e realizan máis actuacións. Telonean ao dúo Fangoria no día do orgullo gay dese ano e son fichados pola discográfica DRO, a mesma de Fangoria.
As Nancys Rubias sempre estiveron moi unidas ao grupo Fangoria (Alaska e Nacho Canut) dende a súa creación, chamándose a este grupo os “padriños” das Nancys en cuestión.
A banda fai a súa primeira aparición en TV en marzo do 200 en o programa Carta Blanca cando era presentado por Alaska. Nese espazo presentaron o seu segundo disco que levou como nome Gabba Gabba Nancys, un disco con temas como “Corazón de Hielo” ou “No estás curada”. O single escollido foi “Corazón de hielo” (que contén un sample do clásico de Boney M, “Daddy Cool”).
En xaneiro do ano 2009 sae á luz o seu terceiro traballo discográfico, Una cita con Nancys Rubias que afianza o son Nancys Rubias co deseño a cargo de Juan Gatti como nos anteriores discos. O primeiro corte difusión é Di que sí que contén un sample de The one the Kylie Minogue.
Confirmouse, no blog Estelas plateadas de Nacho Canut (Fangoria), que as Nancys Rubias comezaran a traballar no seu novo traballo discográfico, cuarto xa na súa carreira. O disco publicouse o 29 de novembro de 2011. O título do novo álbum foi Ahora o Nunca. A portada está asinada por Juan Gatti e este disco está publicado baixo a discográfica DRO Atlantic de Warner Music. O single do disco chamouse Peluquitas.
Ao rematar a promoción do último álbum as Nancys deciden lanzar un recopilatorio para Nadal no que se inclúen algunhas cancións novas como o single de Nadal “El mejor regalo eres tú” e unha colaboración con Fabio McNamara “San Vitus Dance”.
O 25 de xuño de 2013 publícase o single “Me encanta (I Love It)”, versión do tema I Love It de Icona Pop.
En maio do 2014 publícase o EP con 5 cancións titulado “Amigas”. Acompáñase co videoclip do mesmo título.
O último disco publicado en 2017 leva por nome “Marcianos Ye-Yes”, un álbum que marca un punto de inflexión na súa traxectoria, a obra coa que buscan novos horizontes sen deixar de ser elas. Un grupo difícil de clasificar que só responde ás súas propias leis. Unha banda que xoga coas referencias dun mundo paralelo no que rein