NEBULOSSA

Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Na Actualidade, é un dos participantes do Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a banda alicantina fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.

Me pones a 1000La colmenaAnocheArmada roja ou Me ha dado porno son algúns dos temas máis famosos desta troupe de electropop, cos que nos últimos anos percorreu escenarios de cidades como Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia, Castellón, etc. O grupo foi gañador do concurso de Studio Mans e pola súa presencia, no 2022, na preselección de San Marino Una voce per San Marino, certamen no que chegaron ata a última fase. En 2024, Nebulossa erixironse como vencedores do Benidorm Fest co seu tema Zorra, canción que supera o millón de escoitas en Spotify e coa que o dúo representará a España no Festival de Eurovisión, que se celebrará no mes de Maio en Suecia.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición