NENA DACONTE

Mai recupera en Casi Perfecto, o seu sexto álbum de estudio, a esencia dos seus comezos: volve ao son e á estética dos seus primeiros discos, con dez novas cancións que xiran en torno ao amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo. Son cancións compostas novamente por Mai, excepto El verano, que é unha adaptación dun poema do cantautor Marwan. Producidas todas elas por Dani Alcover, teñen un son pop rock dos 90. É Casi perfecto… como a vida, como o amor… Pero, quen quere ser perfecto?

 

Mai, Nena Daconte, medrou cos referentes musicais dos seus irmáns maiores: The Beatles, The Byrds, The Who, REM, Nacha Pop, Elvis Costello, Los Secretos… A música atrapouna. Máis tarde, na adolescencia, montou unha banda de pop rock coa que tocaba versións de Led Zeppelin, Radiohead ou The Cranberries, xunto con cancións propias por bares de Malasaña, en Madrid, como Al Lab’Oratorio.  Tras participar na segunda edición do programa televisivo Operación Triunfo, fundou Nena Daconte, marca coa que autoeditou o seu primeiro disco e coa que coñeceu o éxito grazas a temas como Idiota, En qué estrella estará ou Tenía tanto que darte, compostos pola propia artista, en torno á idea da soidade, a obsesión pola búsqueda do amor ou a perda da ilusión polo paso do tempo. Tras numerosos premios e máis de 400 concertos percorrendo a xeografía española e cidades como París ou Berlín, Nena Daconte apartouse da música ata 2022, ano no que regresa cun novo traballo discográfico, Casi Perfecto, para reivindicar o seu pasado máis pop-rock da man do selo independente Subterfuge.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición