Oro Jondo
Oro Jondo é DJ, produtor e artista visual especializado en rescatar e reivindicar sons e estéticas dos marxes culturais. A súa proposta mestura techno, hardgroove, acid e latinx club con ecos de mákina e bakalao, levando estes xéneros a escenas onde raramente serían escoitados.
Actuou en festivais como Sónar, Bilbao BBK Live e Brava Madrid, e conta con tours propios (“Duro en lo Oscuro” 2023, “Abanico y Bocineo” 2024). É tamén autor do libro Dame más Gasolina (Grupo Planeta, 2021), sobre a cultura da música popular española.
























