ROSA LOPEZ

Rosa López, popularmente coñecida como “Rosa de España”, saltou á fama en 2001 coa súa participación na primeira edición do talent show musical Operación Triunfo -do que foi gañadora-. No ano 2002 representou a España no Festival de la Canción de Eurovisión, acadando a sétima posición e unhas cifras de audiencia récord. A súa interpretación foi a máis vista na historia de Eurovisión ata o de entón, congregando a 12,7 millóns de espectadores co tema Europe’s Living a Celebration. Ao longo da súa carreira como cantante e vocalista, Rosa López publicou un total de 8 álbums de estudio (RosaAhoraOjaláMe siento vivaPromesasPropiedad de nadieRosa López y Kariós). Ademais, a artista lanzou un EP, 22 sinxelos e un álbum recompilatorio.

Por outro lado, Rosa López compaxinou a súa traxectoria musical co seu paso por televisión en varios programas e concursos. En 2006 proclamouse vencedora da terceira edición do talent show ¡Mira quién baila! Ademais, durante o seu paso pola quinta edición de Tu cara me suena, a artista quedou en  segunda posición. Netes máis de 20 anos de carreira, Rosa López recibiu múltiples galardóns, entre eles, o Micrófono de Prata, a Antena de Ouro ou Premio ao Disco do Ano.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición