Saia Santa

07/07/2026

20:45

Saia Santa é unha artista drag galega, residente na Coruña e orixinaria de Betanzos, que se está a consolidar como unha das figuras emerxentes máis destacadas da escena drag autonómica. A súa proposta escénica caracterízase por espectáculos de alto impacto nos que combina baile, acrobacias e unha presenza magnética que conecta co público desde o primeiro momento. A súa estética, marcada polo uso do vermello e o negro, reflicte a intensidade e a forza que transmite en cada  actuación, xunto cun notable dominio da maquillaxe e da caracterización.

Debutou en decembro de 2024 no concurso de Nadal do N29 de Vigo, onde estivo a piques de acadar a vitoria, posicionándose rapidamente como unha nova promesa do drag galego. Desde entón, actúa de forma habitual en Claro Boba! e participou nalgúns dos principais eventos da escena en Galicia, como Bloom e Drag Night en Santiago de Compostela, ademais de levar o
seu talento a escenarios fóra da comunidade. Co seu estilo inconfundible, a súa evolución constante e unha proposta artística moi definida, Saia Santa continúa a medrar e a destacar como unha artista cunha identidade propia dentro do panorama drag.

 

 

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición