Sasha Moon

08/07/2026

20:00

Sasha Moon é unha artista do panorama drag galego que destaca pola súa presenza escénica e unha imaxe coidada e  expresiva, capaz de transmitir carácter e personalidade sobre o escenario. Bebe directamente da esencia das grandes folclóricas para construír un estilo propio, marcado pola forza, a elegancia e unha interpretación profundamente emocional. A través da súa arte, rende homenaxe á tradición, á copla e ao espectáculo máis clásico, achegando sempre unha visión actual, persoal e  profundamente traballada. Cada vez que pisa o escenario, Sasha transforma o espazo en teatralidade e conexión co público. O seu traballo chama a atención polo coidado nos detalles, a intensidade interpretativa e a capacidade de transportar ao espectador a un universo onde a música, a estética e a expresión artística combínanse para crear momentos únicos.

 

 

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición