SORAYA

En 2005 apareceu Soraya para aportar algo diferente á música española. O seu paso polo famoso programa de televisión OT reflexaba unha naturalidade diferente e inédita, que facía presaxiar que ela se quedaría para sempre connosco. “A vida regaloume aquela oportunidade e non o dubidei… Era o que buscaba e simplemente saíu. Uns días antes de entrar na academia chamei ao que ata entón era o meu director (no traballo que tiña entón) e pedin o finiquito, intuín que unha nova etapa se abría para min”, di con certa nostalxia. Con igual sinxeleza recolleu en 2005 as meles do seu primeiro álbum debut Corazón de Fuego, conseguindo un disco de platino que permaneceu máis de 20 semanas en listas.

SORAYA, é sen dúbida a artista nacional máis contratada nos últimos anos, os seus éxitos son requiridos nas discotecas máis elitistas, as festas máis importantes por parte de Concellos, eventos privados e grandes marcas. O seu espectáculo gusta a todos os públicos e o seu carisma conquista todos os corazóns. A día de hoxe podemos celebrar unha gran carreira, “En todo este tempo fun definindo máis o meu estilo. A verdade que as pistas de baile abríronme moitas posibilidades e síntome cada vez máis segura enriba do escenario”. “Aínda que sei que me queda moito por dar e ao público máis aínda por descubrir”, di Soraya. “Recorrín as mellores discotecas do mundo e compartín escenario con xente como David Gueta, Juan Magán, Brian Cross, entre outros. Aínda que tamén noto que chegou o momento de subir un peldaño máis na miña carreira”.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición