Terrae DJ’s

08/07/2026

22:30

Terrae Dj’s nace froito das inquedanzas dun experimentado produtor e un DJ internacional que prefiren manterse no anonimato detrás das súas emblemáticas máscaras. O tándem conta cunha longa traxectoria en estilos de música de baile e na denominada World Music. En Terrae Dj’s conflúen e fúndense todos os seus coñecementos e esforzos para ofrecer unha sesión única con pezas de elaboración propia e de outros artistas da música electrónica con sonoridades de música de raíz de todo o planeta.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición