VENEDITA VON DASH
Venedita é cabaré, sensualidade, burlesque, moda, glamour e seducción.
A súa estética retro-modernista e a súa icónica barba convértella nunha figura popular dentro da escena drag española. Amosa ademais un longo percorrido internacional actuando en cidades como Berlín, Viena, París, Zurich, Hamburgo, Stuttgart e Dusseldorf. Tamén desfilou nas pasarelas máis coñecidas deste país para importantes deseñadores da industria da moda.