VENGABOYS

Todo empezou da man de dous dj’s: Danski e Delmundo, que organizaban festas improvisadas na praia co seu vello bus escolar. Durante as súas xiras por Ibiza e a costa española, entre os anos 1992 e 1997, catro bailaríns e cantantes sumáronse á troupe: Roy, Denice, Kim e Robin, dándolle novos aires aos seus dj sets. A súa fama crecente deulles o impulso necesario para ir un paso máis aló e crear o seu propio selo discográfico, co que comezaron a producir, tamén, os seus propios discos.

O seu primeiro hit internacional, Up & Down, viu a luz en marzo de 1997 e pronto se posicionou no posto número 5 das listas musicais de Europa, antes do seu desembarco estadounidense, onde alcanzou, tamén, un notable éxito. De costa a costa, non houbo club nin parade no que non se escoitase Up & Down, seleccionado no número 1 da popular listaxe Billboard Dance Chart. O seu álbum debut, acertadamente titulado Greatest Hits!, converteuse en disco de ouro en Estados Unidos. Ese mesmo ano, Vengaboys foron nomeados aos Premios MTV na categoría de mellor actuación revelación.

E isto foi soamente o principio… Himnos do dance pop como We Like To Party, Boom Boom Boom Boom e We’re Going to Ibiza desataron un furor desprevido entre todos os públicos. Vengavoys logrou situar 7 sinxelos no top 10 de éxitos nas listaxes de Reino Unido, e acadou tamén a cima en máis de 40 países, como Alemaña, India, España, Suráfrica, Tailandia, Polonia, Australia e México, entre moitos outros.

E os hits continuaron. Temas como Shalala lala, Kiss (When the Sun Don’t Shine) ou Uncle John From Jamaica, por mencionar algúns, situáronse novamente nos postos máis elevados das listaxes musicais en todo o mundo. De feito, todos os singles lanzados por Vengaboys na súa primeira década de traxectoria estiveron sempre entre os 40 primeiros postos de Reino Unido.

Para celebrar o seu grande éxito con todos os seus fans, o grupo embarcouse nunha extensa xira mundial ao longo de Europa, Estados Unidos, Australia, Xapón e América do Sur., ata que, a principios de 2004, a banda decidiu tomarse un respiro por un tempo. En 2007,  os Vengaboys reúnense de novo para embarcarse no que eles mesmos chaman o seu ‘Non-stop World Tour’, co que agora chegan ao Atlantic Pride da Coruña.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición