YASMINE LUTAR

(GL)

Yasmine Lutar é unha artista drag orixinaria da provincia de Pontevedra, onde comezou a súa andaina no mundo do drag con só 17 anos como unha forma de expresión persoal e un pasatempo creativo. Co paso do tempo, aquel xogo transformouse nunha paixón e, finalmente, nunha carreira artística.

Desde 2023, Yasmine reside en Santiago de Compostela, cidade que marcou un punto de inflexión na súa traxectoria. É alí onde comeza a profesionalizar o seu drag, consolidando a súa presenza na escena galega con actuacións en espazos recoñecidos como o Claro Boba, na Coruña, ou o N29, en Vigo.

Yasmine cruzouse no camiño de Moira Lutar, a súa irmá drag, con quen forxou unha conexión profunda dende o primeiro momento. Máis adiante, coñecería tamén a Khloe Released e Syndra, quen axiña se converteron en piares fundamentais da súa traxectoria artística. Xuntas forman unha familia drag unida polo amor á arte, o compañeirismo e o apoio incondicional, sendo unha fonte constante de inspiración, crecemento e forza para Yasmine tanto dentro como fóra do escenario.

O seu drag caracterízase por unha estética pulida e sofisticada, na que se funden elementos da femme fatale clásica, o glamour pin-up e unha sensualidade escura e enigmática. Yasmine é a encarnación do desexo e do misterio, unha figura poderosa que combina a arte da maquillaxe, a moda e a performance para cativar ao público.

Cada aparición súa é unha experiencia visual e emocional, onde o sexy se atopa co elegante, e o escuro convértese en irresistible.

(ES)

Yasmine Lutar es una artista drag originaria de la provincia de Pontevedra, donde comenzó su andadura en el mundo del drag a los 17 años como una forma de expresión personal y un pasatiempo creativo. Con el tiempo, ese juego se transformó en una pasión y, finalmente, en una carrera artística.

Desde 2023, Yasmine reside en Santiago de Compostela, ciudad que ha marcado un punto de inflexión en su trayectoria. Es allí donde comienza a profesionalizar su drag, consolidando su presencia en la escena gallega con actuaciones en espacios reconocidos como Claro Boba en A Coruña o N29 en Vigo.

Yasmine se cruzó con el camino de Moira Lutar, su hermana drag, con quien forjó una conexión profunda desde el primer momento. Más adelante, conocería también a Khloe Released y Syndra, quienes no tardarían en convertirse en pilares fundamentales de su trayectoria artística. Juntas forman una familia drag unida por el amor al arte, el compañerismo y el apoyo incondicional, siendo una fuente constante de inspiración, crecimiento y fuerza para Yasmine tanto dentro como fuera del escenario.

Su drag se caracteriza por una estética pulida y sofisticada, en la que se funden elementos de la femme fatale clásica, el glamour del pin-up y una sensualidad oscura y enigmática. Yasmine es la encarnación del deseo y el misterio, una figura poderosa que combina el arte del maquillaje, la moda y la performance para cautivar al público.

Cada aparición suya es una experiencia visual y emocional, donde lo sexy se encuentra con lo elegante, y lo oscuro se vuelve irresistible.

 

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición