V Certame de Literatura LGTBIQ+

Atlantic Pride tamén é cultura e rede activista, por iso nesta edición 2026 volvemos coa V edición do Certame de Literatura LGTBIQ+ que organizamos en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña a través do club de lectura QUEERuña, un grupo de lectura que se reúne mensualmente desde o 2016 nas bibliotecas da cidade para ler e debater sobre cultura LGTBIQ+.

Este certame pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+.


























