Atlantic Pride tamén é cultura e rede activista, por iso nesta edición de 2023 volvemos coa 2ª Edición do Certame de Literatura LGTBI+ co club de lectura QUEERuña.
Este certame literario pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+.

Rexirase polas seguintes bases:

Requisitos de participación

Poderán participar todas as persoas maiores de idade residentes en Galicia, sempre que a presentación dos traballos sexa en galego ou castelán, orixinais e inéditos, non publicados en ningún tipo de formato, nin total nin parcialmente (incluído internet), non premiados ou pendentes de decisión en outros concursos, ou á espera de resposta de procesos editoriais. O incumprimento desta primeira base descalifica automaticamente o traballo presentado. 

Temática

Libre, con vinculación á diversidade LGTBI+.

O xurado

Estará composto por 6 integrantes dos dous grupos do club de lectura Queeruña, organizado desde o 2016 pola Rede de Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña. As integrantes do club QUEERuña que compoñen o xurado non poderán participar neste concurso.

Criterios transversais de valoración do xurado

  • Uso preferente da lingua galega.
  • Calidade literaria, corrección gramatical e orixinalidade da obra.
  • Personaxes e historias infrarrepresentadas dentro do espectro LGTBI+.

Prazos

30 de abril de 2023 é o día de peche de recepción de obras.

Durante a celebración do festival (2-9 de xullo) anunciaranse gañadores e realizarase a entrega de premios.

Extensión e formato

O texto presentarase en formato pdf e en documento tamaño DIN A4. Só se admitirá unha obra por persoa. Máximo 10 páxinas. Tipografía Times New Roman tamaño 12, interlineado 1.

Premios

Tres galardóns en metálico e unha mención de honra.
Publicarase un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado.
Toda persoa que participe neste certame acepta a cesión da obra para publicación e difusión do material en outros medios físicos ou dixitais relacionados co Atlantic Pride ou o Club de lectura QUEERuña.

Como participar? 

Deberá enviarse a obra en formato dixital por correo en pdf a certamerelatos@atlanticpride.es. Na mensaxe de correo irán dous arquivos: 

  1. OBRA_titulodaobra.
  2. DATOSPERSOAIS_titulodaobra cos datos de autoría e de contacto. 

Unha vez finalizado o prazo de presentación, a organización facilitaralle ao xurado todas as obras presentadas ao concurso, tamén en formato dixital, pero sin ningún dato persoal que permita identificar a súa autoría. O xurado realizará a súa valoración en dúas fases: unha individual e outra grupal.
No caso de existir disparidade de criterios que non permita dirimir as obras premiadas, optarse por realizar unha votación individual coas puntuacións 10, 7, 5, 3 e 1 puntos e as obras gañadoras serán as que maior puntuación acaden.
En caso de empate, activaranse os criterios recollidos no punto 10, según a súa orde de aparición, ata desfacer o empate.
O xurado levantará acta das valoracións e posteriormente remitiralla á organización do certame.

Premios:

1º Premio – 600 Euros.
2º Premio – 300 Euros
3º Premio – 100 Euros

Gañadores 2022

1º Premio – 600 €
Juan Carlos Guerra Silva
«O DISCURSO DE BERTA»

2º Premio – 300 Euros
+ Bono 50 Euros da Libraría Berbiriana
Pablo Jesús Martínez Gradín
«Balbina»

3º Premio – 100 Euros
+ Bono 50 Euros da Libraría Berbiriana
Laura López Drusetta
«Eu por vassalo e vós por senhor, de nós qual sofre mais coita d’amor»

Mención Especial do Xurado
Bono 50 Euros da Libraría Berbiriana

Carlos Roma
«EL BELLO»

Menú