ATLANTIC PRIDE 2018

O primeiro dos eventos de Atlantic Pride, sucedeu o 30 de Novembro de 2018.

Nesta cita, que aconteceu no Teatro Colón de A Coruña, aproveitamos para presentar o proxecto de Atlantic Pride e para que toda a cidadanía coñecese a nosa proposta de festival.

Contamos coa Terremoto de Alcorcón como mestra de ceremonias, e coas actuacións de Yogurinha Borova, Kika Lorace e La Prohibida, nunha cita que superou as espectativas, e que conseguimos encher o Teatro de coruñeses e coruñesas ansiosos por ver a estas estrelas.