Política de privacidade
De conformidade co establecido na normativa vixente en materia de Protección de datos, informámosche de que os datos recadados a través deste formulario serán tratados pola Asociación Orgullo Coruña, ORCO, Responsable do tratamento dos mesmos, coa finalidade de xestionar a túa participación no concurso que se celebrará durante o festival Atlantic Pride.
Necesitamos comunicar os teus datos aos nosos patrocinadores para xestionar correctamente a participación no sorteo. Os datos dos gañadores e suplentes serán tratados para xestionar a entrega dos premios.
A participación no sorteo será para persoas maiores de 18 anos.
Así mesmo, e sempre e cando nos des o teu consentimento, manterémosche informado de calquera promoción futura. En calquera caso, sempre poderás, en calquera momento e de forma gratuíta, revogar o teu consentimento, así como exerce-los dereitos que a Lei che outorga, enviando unha comunicación coa solicitude correspondente e unha copia dun documento identificativo válido a info@atlanticpride.es.
Se necesitas máis información, por favor, solicítaa nesta mesma dirección de correo electrónico.