O Atlantic Pride da Coruña
participa no Pride de Torremolinos

O ‘Orgullo do Norte’ desembarca por primeira vez nunha das celebracións do Orgullo LGTBIQ+ máis relevantes da xeografía española, que na súa pasada edición congregou a máis de 100.000 asistentes e que neste 2026 terá lugar do 26 de maio ao 6 de xuño, baixo o lema ‘Donde se siembra cultura, florece la libertad’
























