NÓS
a proposta artística e cultural do atlantic pride, busca ser un elemento de transformación da sociedade en favor da igualdade e a non discriminación, convertendo a coruña na capital da diversidade do norte de españa.
QUE É O ATLANTIC PRIDE?

Atlantic Pride é un festival formado por unha semana de eventos lúdicos, culturais e reivindicativos co obxectivo de visibilizar a diversidade na Coruña.
Unha iniciativa organizada pola asociación Orgullo Coruña e o Concello de A Coruña, na que o festivo, o cultural e o público, conviven de maneira harmónica, co obxectivo de posicionar a nosa cidade no mapa nacional e internacional das urbes que conmemoran o Día Internacional do Orgullo LGTBI+.
QUEN SOMOS?

Orgullo Coruña (ORCO) é unha asociación sen ánimo de lucro, integrada por coruñeses e coruñesas de toda índole, defensoras dos dereitos e da visibilidade do colectivo LGTBI+.