raze

05/07/2026

21:30

raze é unha artista multidisciplinar queer e viguesa, que consegue un equilibrio harmónico entre a espontaneidade e a esencia máis crúa, neste momento de transición musical. A súa proposta destaca pola profundidade lírica e a riqueza sintética, e pola promesa dun arte de longo consumo: unha obra circular e compacta, representada por unha cebola de cristal. A primeira lectura permite ver o interior, pero só quen se atreve a desollar capa a capa poderá admirar a súa nitidez e complexidade.

A súa investigación artística parte da contraposición de conceptos: natureza e industrialización, electrónico e orgánico, feminidade e masculinidade, escuridade e luz. O uso da linguaxe en raze ten un enfoque naturista e social, explorando novos termos, pronunciacións híbridas e unha ortografía simbólica.

A firma de raze está presente en todas as disciplinas que habita: música, movemento, imaxe. Cunha visión macro do seu universo creativo, constrúe un proxecto 360º cunha forte riqueza dramatúrxica.

raze chega cunha proposta sólida e cada vez máis persoal. Unha voz moi especial do novo son do norte.

Sigue en Spotify a nosa lista desta edición