A nosa cidade

A cidade na que ninguén é forasteir@

A Coruña é unha cidade vibrante e moderna situada na costa noroeste de Galicia, no noroeste de España. Coñecida pola súa impresionante ría e o faro de Hércules, considerado o máis antigo en funcionamento do mundo, a cidade combina tradición e modernidade.

Ofrece unha ampla oferta cultural, gastronómica e de lecer, sendo o lugar perfecto para un festival de música ao aire libre. As súas rúas, cheas de historia e encanto, acollen a locais e visitantes durante todo o ano, facendo de A Coruña un destino ideal para desfrutar de eventos e experiencias únicas.

O lema de A Coruña di moito dela e do seu carácter aberto, multiétnico e cultural. Unha cidade que te recibirá cos brazos abertos para festexar a diversidade.

Para saber todo o que ofrece A Coruña, entra na Web de Turismo do Concello

Ademáis deixámosche mapas e planos da cidade para que te despraces da forma máis sinxela
(toda esta información está dispoñible en papel nas oficinas municipais de información turística)