NÓS


a proposta artística e cultural do atlantic pride, busca ser un elemento de transformación da sociedade en favor da igualdade e a non discriminación, convertendo a coruña na capital da diversidade do norte de españa.

QUE É O ATLANTIC PRIDE?

O Atlantic Pride é un evento multidisciplinar lúdico, cultural e reivindicativo que busca visibilizar a diversidade afectivo-sexual. O seu obxectivo é facer que o aspecto festivo, público e cultural coexista harmoniosamente, co fin de situar A Coruña no mapa nacional e internacional dos lugares urbanos que celebran o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

Ademais, perseguimos os seguintes obxectivos específicos:

1. Dinamizar e fomentar a participación do movemento LGTBIQ+ no deseño e implementación de políticas e programacións culturais.
2. Fomentar modelos transversais no ámbito da cultura que integren a diversidade afectivo-sexual na produción de contidos.
3. Elaborar propostas culturais que promovan a comunicación inclusiva.
4. Posicionar a cidade como destino amigable para a comunidade LGTBIQ+. 5. Ampliar e complementar a oferta cultural da cidade.
6. Promover a hostalería e a gastronomía local.
7. Ofrecer eventos gratuitos para toda a cidadanía e para os turistas.
8. Realzar a riqueza e a imaxe da cidade.

O festival nace coa intención de intervir en todos os ámbitos da política civil, recoñecendo o dereito inherente do individuo á participación social. En esencia, buscamos:

1. Crear espazos seguros nos que as persoas poidan relacionarse, enriquecerse e desfrutar da inclusión na esfera cultural e social da comunidade e da cidadanía.
2. Promover a igualdade de xénero mediante a participación activa das mulleres en todos os ámbitos do festival, desde a organización ata os aspectos artísticos. 3. Involucrar ás familias na programación do festival, ofrecendo propostas para todas as idades.
4. Integrar a interxeracionalidade e as diferentes rexionalidades como parte activa nas actividades do festival.
5. Destacar a diversidade cultural como un medio para a integración das minorías desfavorecidas na participación cidadá.

QUEN SOMOS?

Orgullo Coruña (ORCO) é unha asociación sen ánimo de lucro, integrada por coruñeses e coruñesas de toda índole, defensoras dos dereitos e da visibilidade do colectivo LGTBIQ+.