SALA DE PRENSA

Acreditacións
Do 5 ao 12 de xullo de 2026 celebramos a 7ª edición do Atlantic Pride na Coruña. Co fin de facilitarmos o traballo dos medios de comunicación, habilitamos este formulario para que os medios gráficos se poidan acreditar para acceder ao foso do escenario dos Xardíns de Méndez Núñez e desenvolver axeitadamente o seu labor seguindo as indicacións de cobertura pautadas por cada banda e artista, que puntualmente lle transmitiremos.
Como o festival é gratuíto, a prensa escrita pode acceder ao recinto e cubrir libremente os diferentes directos sen necesidade de acreditación. Pero pode poñerse en contacto con nós con calquera necesidade ou petición.
Grazas pola vosa cobertura e o voso apoio a este ‘Orgullo do Norte’ coruñés!
Contacto de prensa
The Office Comunicación
Luisa Castiñeira
Tel. 620 113 155
luisa@theofficeco.es
INFÓRMATE

Se queres estar ao tanto dos comunicados e convocatorias do Atlantic Pride, por favor, indícanos os teus datos no seguinte formulario:
























